sábado, 28 de febrero de 2009

COMPETICION

4 VETERANS DO ADAS PROINOR NOS NACIOAIS DE P.C.

Celébrase durante este fin de semana en Zaragoza unha nova edición dos Ctos. de España de Veterans en P.C. Mais de 1000 atletas inscritos tentarán acadar un posto de privilexio nun Campionato que un ano e outro tamén segue a crecer na súa participación.
Por parte Valdeorresa, 4 serán os participantes no evento. Carmen Expósito será a única dama, e a hora de facer esta crónica acaba de conseguir o 6º posto na final dos 3.000 m. na categoría w-50. Mañá tocaralle o turno os 1500 m.
En canto os homes, Xulio Ventín será o máis polivalente, pois estará presente en 5 probas. Durante o sábado xa subiu ó máis alto do pódium na proba de 60 m. valads, e vai de 1º tamén na proba de Pentatlon de M-45. Xulio deberá todavía completar o Pentatlon durante o domingo e ademais participará na altura, pértiga e peso.
En canto os outros 2 participantes valdeorreses, Jose Manuel Bao acadou a final dos 60 m.l. de M-50, e no momento de escribir esta crónica estará a punto de correr a final, donde non descarta subir a algún caixón do pódium.
Finalmente Fernando González proclamouse brilante campión na proba de 400 de M-55, cunha boa marca de 1´00 e o domingo tocaralle o turno os 200 m.l. donde tamén parte con opcións de medalla.

RESULTADOS

O LIMIANO JAVIER RIVERO AFRONTA EN JAEN O SEU 1º CTO. DE ESPAÑA

Este domingo celébrase en Jaén o Cto. de España de campo a través escolar por autonomías, no que o atleta limiano do ADAS, Javier Rivero, de categoría cadete, tentará facer un bó papel coa selección galega na súa 1ª experiencia nun Cto. Nacional. O equipo galego aspira a quedar entre ás 4 ou 5 primeiras autonomías.

viernes, 27 de febrero de 2009

OTROS RESULTADOS

CPTO. DE ESPAÑA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA
Sevilla 21 e 22 de febreiro do 2009


"EVA SUBCAMPIOA NACIONAL DOS 1.500 M.L NA PISTA CUBERTA"

A atleta valdeorresa do Valencia "Terra i Mar" Eva Arias conseguiu o Subcampionato de España nos 1.500 m.l. no Campionato Nacional celebrado na pista cuberta de Sevilla.
Eva Arias realizaría unha boa carreira parando o crono en 4'16"16, pero o seu esforzo foi insuficiente para bater a gran favorita, Natalia Rodríguez, que faría o record do campionato.



RESULTADOS


CPTO. DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Santander do 20 al 22 de febreiro do 2009



Participación do atleta do club, o madrileño Salvador Gamarra (na foto e o atleta do pantalón negro e camiseta roxa e branca) , remataría 4º na súa categoría realizando unha excelente carreira.

RESULTADOS

jueves, 26 de febrero de 2009

RESULTADOS

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS
A Coruña 22 de febreiro do 2009

O pasado fin de semana A Coruña acolleu o Cpto. Galego absoluto de campo a través no sinuoso e espectacular circuíto de A Torre, onde o ano que ven, farase o Campionato de España da especialidade.
O club participou co equipo sénior masculino, onde todos os integrantes do equipo realizaron unha boa carreira e o final so puideron rematar cuartos a un punto do terceiro posto ocupado polo equipo local do Comarca Coruña, o primeiro foi para o Ourense Atletismo e o segundo posto para a Sociedade Gimnastica de Pontevedra, os favoritos a priori.
A nivel individual, o vencedor da proba resultaría un gran conocido en Valdeorras, Manuel Penas do Chapín Xerez.
Os nosos atletas ocuparían os seguintes postos:
16º - Gilberto Alvarez
27º - Manuel Prieto
32º - José
Manuel Ramos
48º - Alberto Asensio
52º - Jesus Fernández
78º - Javier Fernández
90º - Tomas Fraiz

RESULTADOS

lunes, 23 de febrero de 2009

RESULTADOS

4 MEDALLAS PARA O ADAS NO GALEGO DE COMBINADAS DE INVERNO

Pontevedra foi o escenario dunha nova edición do galego de Combinadas de inverno, no que estiveron presentes 4 atletas do Club ADAS PROINOR. En sénior masculino Agustín Pontevedra estaba a realizar unha boa actuación, pero unha lesión no seu isquio impediulle seguir participando na xornada do domingo.
En categoría Veterán Masc. de mais de 45 anos, victoria inapelable de Julio Ventín, que segue a preparar o Nacional de P.C. ,mentres que no apartado feminino chegarían outras 3 medallas. 2 da man de Leticia Gil, quen a pesar de non realizar unhas marcas brillantes, alzouse co título xunior e co Sub-campionato absoluto.
Na categoría Cadete Feminina, María González era 2ª , a tan sólo 2 pts da atleta do Morrazo, Antía Martínez Queimaño. A Puntuación de María colócaa no 5º posto do Ránking Nacional da categoría.

RESULTADOS

RESULTADOS

CTO. GALEGO CROSS ESCOLAR XUNTA DE GALICIA
LUGO 21 DE FEBREIRO DO 2009


"OS INFANTÍS DO ADAS NON PUIDERON SUBIR O PODIO NO GALEGO ESCOLAR DE CROSS"


Celebrouse o pasado sábado unha nova edición do Galego escolar de Campo a Través, na cidade de Lugo. Ata alí acudiron, como nos últimos anos, os cativos e cativas do ADAS , que estiveron novamente cerca de subirse ó podio. Na categoría masculina, fixeron todos unha boa carreira e tan solo o catarro de algún dos compoñentes do equipo impediu que subiran de novo ó podio. O 4º posto final do equipo non reflexa o verdadeiro potencial dos entusiastas rapaces.Destacaron a título individual tanto Daniel González como Ayoub. Nas féminas a cousa non foi tan ben e o final tivéronse que conformar co 6º posto. Houbo tamén participación valdeorresa en cadete masculino cunha boa actuación de Javi Rivero, así como a aportación, unha vez máis de Tania Prieto en cadete feminino.

RESULTADOS

jueves, 19 de febrero de 2009

COMPETICIÓN


O próximo fin de semana celebrase os últimos Campionatos Galegos de campo a través.
O sábado en xornada de mañá celebrase en Lugo o Campionato Galego Escolar, reservado as categorías alevin, infantil e cadete, tanto por equipo coma por individual e so participaran aqueles que se clasificaran nas respectivas fases provinciais.
O club participará coa categoría infantil homes e mulleres e
con algún atleta invitado na categoría cadete.

REGULAMENTO



O domingo tócalle o turno o equipo sénior de campo a través.
O circuíto de A Torre de Hércules en A Coruña acollerá o Campionato Galego absoluto de cross, onde estarán os mellores especialistas galegos e os nosos atletas tentaran defender o histórico 3º posto conseguido o ano pasado en Santiago.
Ata A Coruña desprazarase Gilberto Alvarez, Manuel Prieto, Jesus Fernández, José Manuel Ramos, Alberto Asensio, Javier Fernández, Tomás Fraiz, Oscar Ramos, Borja Rey e Víctor Conde todos eles na categoría sénior, tamén participaran Angela Rodríguez na categoría xunior e Cristina Alves na sénior.
Tamén haberá participación de outra valdeorresa na categoría xunior, Cristina Fernández co Ourense Atletismo.


REGULAMENTO
CIRCUÍTO
ATLETAS INSCRITOS

OTROS RESULTADOS

REUNIÓN INTERNACIONAL CIUDAD DE VALENCIA
Valencia, 14 de febreiro 2009


O pasado fin de semana celebrouse unha nova edición do "Meeting de Valencia" na pista cuberta do "velódromo Luís
Puig" onde a atleta valdeorresa do Valencia Eva Arias, participaría nos 1.500 m.l, unha carreira onde a atleta Nuria Fernández faría 4'01"77 que e o record de España da especialidade.
Eva Arias remataría 7ª cunha marca de 4'10"98 sendo a súa mellor marca persoal en pista cuberta.


RESULTADOS



TORNEO DE LANZAMENTOS
Centro de Tecnificación de Pontevedra, 14 de Febreiro de 2009

O atleta barquense do Ourense Atletismo Jorge Prada, comezou a tempada en Pontevedra no Torneo de Lanzamentos na xabalina, as marcas foron bastantes discretas e lóxicas para ser a primeira proba do ano.
Jorge lanzaría a xabalina ata os 60,85 m.


RESULTADOS

martes, 17 de febrero de 2009

RESULTADOS

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE CROSS-CTO GALEGO CADETE/XUVENIL DE CROSS- CTO. GALEGO DE CROSS CORTO POR CLUBES
Monterrei 15 de febreiro do 2009

"O ADAS PROINOR FAI HISTORIA NOS GALEGOS DE CAMPO A TRAVÉS"

Celebráronse en Monterrei os Cptos Galegos de Campo a través cadetes, xuvenís e de Cross corto, así como unha edición mais do Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a través.
O equipo valdeorrés do ADAS PROINOR acadaba uns resultados sin precedentes o clasificar 2 equipos para o Cpto. de España de Campo a Través por equipos. Na categoría masculina os valdeorreses realizaban unha magnífica carreira e alzábanse co triunfo por equipos entrando Saúl e Javi Rivero en 4ª e 5ª posición respectivamente. Un pouco despois sería Cristopher o que daría a 3ª posición dos atletas valdeorreses despois de unha enorme carreira de menos a mais, para continuar con Iván, Ayoub e Iago, que serían os que darían os últimos puntos o equipo.
As féminas non serían menos, e acadaban a segunda posición por detrás das imbatibles atletas do Valmiñor, actuais campionas de España. O equipo formado por Desirée, Violeta, Miriam, Lucy, Angela, Khadija, e Deborah realizaba unha enorme carreira o colocaba as valdeorresas no 2º posto do podio. Ambos equipos acadaban así o pase para o Cpto. de España de Clubs.
En cuanto os seniors, excelente o traballo de todos eles, entrando Manolo Prieto , Jose Manuel Ramos e Víctor Conde nas primeiras posicións, e facendo Javier Fdez., Alberto Asensio e Oscar Ramos unha excelente labor de equipo e Tomás Fraiz sería o seguinte valdeorrés da carreira , colaborando tamén na 7ª posición do equipo.
Nas categorias benxamín e Alevín tamén habería podio para o equipo Valdeorrés destacando a aportación dos discípulos de Manolo Castro, os atletas e as atletas de A Limia. As benxamíns serían segundas, sendo Isabel e María as mellores clasificadas, os benxamíns serían 3º cunha boa carreira do rúes Roberto Trincado, as alevíns acadarían a 3ªposición, cunha boa actuación de Aida, e os infantís porían a guinda cun espectacular Dani Glez. Devesa que non deu opción os seus rivais e foi decisivo para o triunfo por equipos, boa actuación tamén de Guti (5º), Juan (7º) e Marcos(12º) facendo unha boa carreira Manolo e Dani Martínez.
Xa en alevín masculino os mellores clasificados serían Xoán e Jack, completado o equipo Saúl e Brais.

RESULTADOS

RESULTADOS

LETICIA GIL ACADA A FINAL NOS 50 M.V. DO CPTO. ESPAÑA XUNIOR EN PISTA CUBERTA.

A atleta do ADAS PROINOR de O Barco, Leticia Gil Pérez, de categoría xunior, alcanzaba o pasado fin de semana en San Sebastián a final dos 50 m.v. en pista cuberta do Cpto. España Xunior.
A atleta valdeorresa realizou unha excepcional competición mellorando a súa marca persoal na distancia durante a celebración das semi-finais, nas que obtivo a 2ª posición. Xa na final a mala sorte cebouse coa xoven valdeorresa que non poido terminar a proba o tropezar en dúas das vallas e desequilibrarse na súa carreira.
Animo Leticia...



3ª CARRERA POPULAR INTERSPORT PIÑEIRO
INTERRUNING 2009 O Porriño 15 de febreiro do 2009

A unica representación do club en esta carrreira foi a cargo de Ruben Marcos León, que moi amablemente relatounos a sua experiencia.

"Impresionante ambiente en Porriño el domingo por la mañana,casi 1300 inscritos,fresquillo pero con sol y eso anima a correr muy ràpido,sobre todo si el recorrido ayuda como fue el caso.Eran 4 vueltas a un circuìto urbano de 2,5km repleto de gente animando,casi llano,con varias curvas cerradas,pero en general bueno para conseguir buenos cronos.En la salida se formò el tìpico tapòn que obligò a casi toda la gente a recorrer los primeros 100-200m de carrera andando o esquivando a gente,empeñada en salir delante a ritmos lentìsimos.Ademàs el hecho de que 30m despuès de la salida habìa una curva de 90º a izquierdas y con la ùnica subida del circuìto tampoco ayudaba mucho a la fluidez en la salida.A nivel personal salì tranquilo y al verme muy bien me fuì animando al pasar las vueltas y tratando de ir a ritmo de menos de 4min/km acabè esprintando para conseguri rebajar mi marca de 10km en ruta y dejarla en 39min2seg(Pena no poder bajar de 39,¡¡Esa salida!!) acabando el 175º de casi 900 corredores que terminaron.Y sibre todo muy satisfecho de mi carrera yendo,como siempre de menos a màs,cogiendo grupos y saltando al siguiente cuando podìa.Muy buena organizaciòn,avituallamiento intermedio y posterior,y entrega de camiseta ràpida.Vamos que esta experiencia me anima para seguir progresando en el entrenamiento diario de cara a los 10km del CUVI y a la Vig-Bay de finales de marzo,que de no haber lesiòn ni problemas son mis objetivos de esta temporada."

sábado, 14 de febrero de 2009

COMPETICION

O ADAS PROINOR TENTARA CLASIFICAR OS EQUIPOS CADETES PARA O CTO. DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES.
Sen dúbida o equipo de Cross corto masculino e os equipos cadetes feminino e masculino serán as grandes bazas do ADAS no Cpto. Galego de Cross por equipos que se celebrará en Ourense. Os equipos valdeorreses esperan clasificar os dous equipos cadetes para o Cpto. de España , así como tentar alcanzar algún podio no "Alejandro Lorenzo". As baixas por gripe e catarros serán o gran hándicap dos valdeorreses, que teñen en Míriam Ares, Javier Rivero e Daniel González, as esperanzas para os podios individuais.

RESULTADOS

1º CONTROL DE INVERNO
O BARCO 14 DE FEBREIRO DO 2009


"MARÍA GONZÁLEZ ACADA A MÍNIMA PARA O CPTO. ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA NO SALTO DE ALTURA"

O salto de altura foi unha das probas máis destacadas do control de inverno da flamante nova Delegación de Valdeorras de Atletismo. Aparte dos 1.53 m. de María González na altura hai que suliñar os 1.50 m. de Raquel Lameiro e os 1.50 m. de Lorena Guitián. Tamén bos foron os 1.55 m. de Vicente Garcia e 1.20 m. de Emma López.
Xa no triple salto, destacar os 9.97 de Raquel Lameiro e os 10.06 de María González. Moita participación no lanzamento de peso e marcas discretas nos 300 m.l e 60 m.l masculinos. No 60 m.l. feminino, destacar os 8"4 da alevín Emma López.

RESULTADOS

viernes, 13 de febrero de 2009

RESULTADOS

CPTO. GALEGO DE VETERANS PISTA CUBERTA
A Coruña 08 de febreiro do 2009

"CHOIVA DE MEDALLAS NO GALEGO DE VETERANS DE PISTA CUBERTA"

Ata 30 medallas acadaban os nosos veteráns no Galego de pista cuberta celebrado o fin de semana en A Coruña. Fernando González, con tres ouros, sería un dos grandes protagonistas, vencendo en M-55 nas probas de 50, 200 e 400. Outros 3 metais de ouro acadaría Xulio Ventín, en pértiga, triple e altura, facendo boas marcas.
o xabalinista Luis Nogueira tampouco fallou na colleita, e veuse con ouro en triple, prata en peso e ouro na lonxitude de m-50. Paco Bao sería outro dos triples medallistas en peso,50 e 200. Viti, en m-75 teria un traballado e accidentado ouro no 50 m.l. mentres que Miguel Angel Martinez era prata en altura, e Agustín González era prata en triple e bronce en altura xa en M-45. Manolo Prada acadaba o bronce nos 800, Bao era ouro en 50 m.l. e Juan Carlos Lareo era prata no peso. Manolo García acadaba 3 medallas mais no 200,400 e 800.
Mención aparte merecen as nosas féminas que se estreaban nun Cto. Galego. Mercedes Caceres era 2ª en peso W-40, Carmen Exposito acadaba o ouro nos 3000 m.l W-55 e triple coroa para Maria José Diéguez e Mª José Arias que se colgaban outras 3 medallas cada unha, en altura, lonxitude, 200, peso e 50 m.l.

Noraboa a todos.

RESULTADOS

LETICIA GIL E LORENA GUITIAN OURO, PRATA E BRONCE NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA.

O Club ADAS PROINOR acada 3 medallas no Campionato Galego Absoluto de pista cuberta.
Leticia Gil, co seu ouro en 50 m.v. e o seu bronce en altura sería a atleta mais laureada. Pola súa banda, Lorena Guitián acadaba a prata no salto de altura.
Outra cadete, María González obtiña un excelente 4º posto en salto de altura. Outros participantes foron Olveira en 50 m.l. que chegou ata a semifinal e Ferradanes que milloraba a súa marca en triple.O veterán Xulio Ventín sería finalista en peso e en pértiga.

RESULTADOS

martes, 10 de febrero de 2009

RESULTADOS

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES
C.D. Monterrei, 7 de Febreiro de 2009

"MIRIAM ARES E DANIEL GONZALEZ, CAMPIONS PROVINCIAIS ESCOLARES. "

Celebrouse o Cpto. Provincial de Campo a Través escolar en Monterrei (Pereiro de Aguiar) e unha vez máis os nosos cativos e cativas volveron a estar nas primeiras posicións.
Este ano, ademáis, debemos felicitar os nosos socios de A Limia, porque sin lugar a dúbidas foron os grandes triunfadores de este Campionato Provincial, ben integrando os equipos do ADAS, ou ben integrando a A.D. A Limia.
No plano individual, destacaremos os títulos provinciais dun inconmensurable Daniel González e de unha felizmente recuperada para o atletismo, Miriam Ares. Primeira sería tamén Aida Martínez en alevín. Houbo tamén un sub-campionato, o do limiano Javier Rivero, así como dous terceiros postos, os de Roberto Trincado en benxamín e o de Lucy Ashcroft en cadete. Por equipos, festival da Limia en pequenos, cos títulos de Benxamín Femenino e Alevín Femenino, mentres eran 2º en Benxamín Masculinos e 3º en Alevín Masculinos. En infantiles, o ADAS acadaba títulos en feminino e masculino, mentres eran 3º en cadetes feminino e masculino.


RESULTADOS

viernes, 6 de febrero de 2009

COMPETICION

O ADAS PROINOR TENTARA ACADAR AS 20 MEDALLAS NO GALEGO DE VETERANS DE PISTA CUBERTA.

Uns 15 atletas entre homes e mulleres desprazará o ADAS o Campionato Galego de pista cuberta que se celebrará este domingo no Estadio de Riazor en A Coruña. Atletas do calibre de Luis Nogueira, Jose Manuel Bao ou Julio Ventín tratarán de acadar importantes marcas e subir o pódium en todas as probas nas que participen.Mención especial merece o equipo femenino, que en numero de 4 atletas acudirá por 1ª vez o Cto. Galego, e todas con posibilidades de subir ó pódium.

REGULAMENTO

jueves, 5 de febrero de 2009

COMPETICION

ESTE SABADO CELEBRASE O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA NA CORUÑA.

Sete serán os atletas que participen este próximo sábado no Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña nunha nova edición do Cto. Galego Absoluto de pista cuberta. As rapazas Leticia Gil e Lorena Guitián parecen ser as chamadas a intentar conseguir algunha medalla nas probas de 50 m.v., altura ou lonxitude. Xunto a elas, María González en lonxitude, pértega e altura intentará mellorar algunha das súas marcas. No apartado masculino, Julio Ventín en peso e pértega, Olveira en 50 m.l. e Agustín Pontevedra e Ferradanes en triple, serán as outras bazas valdeorresas.


REGULAMENTO

COMPETICION

A NEVE PODE SER A PROTAGONISTA NO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES

Este sábado celébrase en Monterrey unha nova edición do Cto. Prov. de Campo a Través que organiza o Servicio Prov. de Deportes da Xunta de Galicia. A esta cita están convocadas todalas categorías do noso clube desde Benxamín a Cadete, e si o tempo non o impide, podrían chegar a 50 os atletas da nosa comarca e da Limia que poideran estar disputando o Campionato. Varias son as opcións de pódium, pero todo parece indicar que serán as categorías infantiles e cadetes as que dispoñan de máis posibilidades de subir o mesmo.


REGULAMENTO

RESULTADOS

LETICIA GIL VENCE NO II TROFEO ACADEMIA POSTAL

A atleta Junior Leticia Gil consigue a mellor marca feminina do Trofeo Academia Postal en P.C. realizando unha excelente marca nos 60 m.v. que a colocan na 5ª posición do Ránking Nacional Junior e na 2ª do Ránking Galego absoluto cunha marca de 9"45.
A súa compañeira de clube Lorena Guitián tamén realizaba unha excelente marca nos 60 m.v. de 9"56 que lle supoñen a 3ª millor marca nacional da súa categoría. Bon resultado tamén de María González na lonxitude cunha marca de 4.80 m.
Tamén participaron as cadetes Deborah e Lucy que melloraron as suas marcas en 60 m.l.


RESULTADOS

RESULTADOS

BOS RESULTADOS DOS NOSOS ATLETAS NO GALEGO DE VETERANS DE CROSS E IIº CROSS DE GALICIA EN SANTIAGO

A pesar da lamentable actuación da Organización de este evento no que os resultados se refire, así como os datos das inscripcións, a actuación dos nosos atletas foi máis que boa no exixente e embarrado circuito do Monte do Gozo. Manuel Prieto sería o mellor clasificado en M-35, cun 4º posto, mentres que Víctor Conde era 5º. Na categoría de M-45 o mellor sería Jose Antonio Capelo, que entraría no posto 5º. Xa en feminas, destacar a 4ª posición da monfortina Carmen Expósito, na categoría de W-55. Na categoría senior, Jesús Fernandez e Javier Fernandez completaron unha excelente carreira.
Tamen participaria os atletas Paco Bao e Fernando Gonzalez.
Lamentar a retirada de Xose Manuel Meijome por lesión.

Foto cortesia de "Soschas": Manuel Prieto

RESULTADOS

EVENTOS

HOXE CONSTITUESE A NOVA XUNTA DIRECTIVA DA DELEGACION VALDEORRESA DE ATLETISMO
Hoxe, xoves a partir das 19.30 h. terá lugar no local da Delegacion Valdeorresa de Atletismo no Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco, a 1ª reunion da Delegación Valdeorresa de atletismo na que se procederá a nomear os membros da nova xunta directiva , así como a facer o calendario de probas da Delegación.

miércoles, 4 de febrero de 2009

CONCENTRACIÓN DE LANZADORES EN LA BLUME


La Federación Española de Atletismo ha organizado para este próximo fin de semana, una concentración del sector de lanzamientos en las instalaciones de la Residencia "Blume" de Madrid. A la misma ha sido invitado el atleta junior del club ADAS de O Barco, Carlos Revuelta, que en esta ocasión será el único lanzador gallego presente en la misma.

El encuentro se organiza con vistas a la selección de los atletas que representarán a España en los próximos compromisos internacionales de dicha categoría.

Aunque en este momento de la temporada su estado de forma no es todavía el deseado, nuestro joven atleta acude con toda la ilusión de seguir aprendiendo y mejorando la técnica de esta difícil especialidad del lanzamiento de martillo, que tan brillantemente viene practicando a las órdenes de su entrenador, el responsable gallego de la especialidad, Raimundo Fernández.